Quenes eran os antigos pobladores de Galicia?
Durante moitos séculos, o corazón de europa foi celta. A medida que se foron expandindo, os cultos ao sol, a lúa e as estrelas, o respeto á muller como encarnación da nai Gea, o coñecemento dos elementos e plantas, non tardarían en establecerse como formas de vida.
Na cultura celta, moitos dos seus símbolos tiñan tres elementos. Isto non era casual, xa que eles entendían que o universo estaba formado por tres mundos dos cales a árbore da vida celta formaba parte.
Unha das árbores máis importantes na cultura celta era o carballo. Esta árbore, para os celtas, simbolizaba as virtudes de forza e sabiduría. Polo seu tronco, as súas amplias ramas, e a gran cantidade de follas, tamén era un símbolo da hospitalidade. Se leches o libro ¨O Señor dos Aneis¨de Tolkien, lembraraste de Barbol, o Ent que dirixía a súa comunidade de árbores. Pois Barbol era un carballo!.
O druida (o home do carballo), era a máximo responsable da vida de todos os membros dun clan. Coñecía como ninguén os segredos da ciencia natural,os ciclos do cosmos e os misterios do home. Tiñan a responsabilidade de curar todos os males, dende unha enfermidade ata feridas producidas nun combate, predecir eclipses, profetizar desastres, ou decidir pola guerra ou a paz nun momento determinado. Celebraban as súas asambleas dende troncos sagrados dende onde administraban xustiza e tomaban as decisións importantes.
O monte tamén eran as aulas nas que os druidas ensinaban e o escenario no que os celtas celebraban os seus ritos, cerimonias e festas. Entre as máis coñecidas estaban:
- O nenúfar blanco (que usaban para facer tinte e como planta aromática), o berro (da que se empregaba o seu jugo para os enfermos do peito, tamén se empregaba esta planta para fortalecer as encías débiles , contra certas debilidades estomacais, para facer desaparecer as manchas vermellas da cara,..)
- O cilantro (co que curaban dolencias estomacais e eliminaban lombrices), o isopo (cuyas follas cocidas en caldeiros, daban a beber á muller parturienta para aumentar a cantidade de leite; en forma de cataplasma os druidas facían desaparecer as obstruccións mamarias, e en infusíón facilitaban a secrecion de orina e a limpeza dos riles),
- A manzanilla (que os celtas relacionaban co sol pola forma da súa flor. OS druidas coñecían moi ben as propiedades desta planta que empregaban para os estómagos débiles), a mejorana, a menta(un dos mellores remedios contra as dores de estómago), o perexil (para calmar el dolor de la vejiga urinaria), a ruda (para curar feridas da pel), a salvia(que poñía en bo funcionamento todo o sistema nervioso e activaba a circulación do sangue),
- O muérdago(símbolo do principio feminino, os druidas pensaban que tomado como bebida, daba fecundidade aos animais estériles e era remedio contra todos os venenos...O poeta virgilio, interesado pola cultura celta, describiu e falou desta planta. Era o símbolo da rexeneración física. Só os druidas eran os encargados de recoller esta planta e facíano cortandoa da rama da árbore, coa axuda dunha hoz de ouro, o sexto día da sexta lua, despois do solsticio de inverno. Era tamén a planta que se relacionaba cos mensaxeiros dos deuses).
- Outra árbore que consideraban sagrada era o teixo, cuxas propiedades venenosas coñecían ben os druidas. Sabían que o viño fermentado en barriles de teixo, ocasionaba a morte dos que o bebían. E Estragón, o galeno de pérgamo, recolle nos que os celtas usaban o jugo das follas desta árbore para untar as flechas na súa punta. O emperador Claudio recolleu tamén as propiedades medicinais que os celtas atribuían ao teixo, entre as cales estaba o seu uso como antídoto contra as mordeduras das serpes.Con estas e outras herbas, e coa axuda do trisquel (un talismán que levaban colgado ao colo), os druidas curaban os males de toda a tribu.
Nese aspecto, e vendo as vagas de lume que se producen cada ano en galiza, un decátase de que as sociedades non sempre evolucionan co paso dos séculos.
É a historia do noso pasado. O home actual cando menos, debería imitar a cultura dos nosos antepasados no que se refire a valoración e coidado da natureza.